Entorno
Home > Entorno

Entorno
Hotel Europa (Arteixo)

O Hotel Europa atópase na zona das Rías Altas, moi preto da cidade da Coruña, unha zona de enorme atractivo turístico polas súas verdes e belas paisaxes, as súas impresionantes praias e a súa exquisita gastronomía.

Ademais, preto do hotel podes practicar actividades como o golf, sendeirismo e ciclismo.

A Coruña
A Coruña

Non deixes de visitar a Torre de Hércules, o único faro romano en funcionamento no mundo, que é un dos grandes emblemas da cidade. Tampouco te perdas a Rosa dos ventos, que está situada xusto debaixo da Torre de Hércules e é un enorme mosaico que, a modo de compás, representa os rumbos náuticos.

No centro da Coruña aproveita para pasear polas rúas do centro histórico e pola Praza de María Pita, centro neurálxico da cidade onde se atopa a casa do concello no palacio de María Pita.

Descobre máis aquí.

Gastronomía
Gastronomía

A característica fundamental da gastronomía galega é a alta calidade das súas materias primas, tanto en carnes de todo tipo como produtos do mar. Os galegos apenas transforman as materias primas ao cociñalas, para que así se poidan disfrutar en toda a súa intensidade natural.

Entre os pratos máis tradicionais atópanse o polbo á feira, o cocido galego e a empanada.