ALÓXATE NO HOTEL EUROPA E GOZA DA MELLOR LOCALIZACIÓN
O Hotel Europa atópase en Arteixo, a tan só 9 km do aeroporto da Coruña e a poucos minutos da costa e das fermosas praias galegas.
Renovado recentemente, o Hotel Europa conta con 40 modernas habitacións distribuídas en 4 plantas. Todas elas dispoñen de baño privado con artigos de aseo, televisión por cable e Wi-Fi de alta velocidade.
O hotel conta con un restaurante de excelente cociña tradicional e un bar cafetería onde servimos almorzo continental cada mañá.
IDEAL PARA ESTANCIAS POR NEGOCIOS OU VACACIÓNS
Gozamos de unha localización privilexiada, perfecta tanto se viaxas por negocios ou por pracer. Estamos nas inmediacións da zona industrial de Sabón, onde se atopan as oficinas centrais de Inditex e máis empresas importantes no sector, e a 9 km do porto da Coruña.
Achégate ao noso mostrador de información turística e axudarémosche a organizar as túas actividades!