Protección de datos - Web Oficial

Protección de datos

Como consecuencia da navegación na web e da cumprimentación dos formularios da web, o usuario acepta que os datos persoais por el facilitados ou que se faciliten no futuro a través de dito servizo sexan obxecto de tratamento en ficheiros de datos de carácter persoal do establecemento, incluíndo a recompilación de datos de acceso e a utilización de cookies e funcións proporcionadas por terceiros.

Finalidade do tratamento, base legal e destinatarios da información

Os datos utilízanse para:
• Permitir o funcionamento da web
• Registrar e atender as solicitudes realizadas polos usuarios a través dos formularios da web
• A prestación e administración dos servizos do hotel, a tramitación de reservas e o cobro
• Elaborar analíticas web e estatísticas
• Incorporar funcións proporcionadas por terceiros (Google Maps, etc)

Navegación na web e acceso a áreas para usuarios rexistrados

• Finalidade: trátanse os datos necesarios para a provisión dos servizos en liña, incluíndo o rexistro de enderezos IP, páxinas visitadas e data de acceso, así como información sobre o terminal do usuario. Os datos tamén se tratan con fins de seguridade e de mellora da web.
• Lexitimación: o tratamento dos datos é necesario para a provisión dos servizos en liña; consentimento, expresado a través da utilización da web
• Destinatarios e transferencias: establecemento, empresas de aloxamento web

Utilización dos formularios da web

• Finalidade: atender as solicitudes realizadas a través dos formularios web.
• Lexitimación: consentimento expresado ao utilizar e enviar o formulario.
• Destinatarios e transferencias: establecemento e empresas implicadas na prestación dos servizos solicitados

Prestación de servizos

• Finalidade: prestar os servizos incluíndo a xestión de reservas hoteleiras e o pagamento. Enviar información sobre os servizos do establecemento por medios electrónicos. Enquisas de calidade.
• Lexitimación: execución do contrato ou prestación do servizo.
• Destinatarios e transferencias: establecemento e empresas implicadas na prestación dos servizos solicitados

Analíticas Web

• Finalidade: coñecer a maneira en que a web é buscada, accedida e utilizada polo público. Poden implicar a recompilación de datos de carácter persoal como por exemplo o enderezo IP, a localización da conexión, a información sobre o software ou hardware de navegación, etc.
• Lexitimación: consentimento, expresado a través da utilización da web
• Destinatarios e transferencias: establecemento

Funcións proporcionadas por terceiros

• Finalidade: incorporar funcións proporcionadas por terceiros, como mapas, analíticas, botóns sociais, widget de chat Zendesk, etc
• Lexitimación: consentimento, expresado a través da utilización da web
• Destinatarios e transferencias: as funcións de terceiros establecen unha conexión directa entre o navegador do usuario e os dominios de Internet dos terceiros, permitindo a descarga e execución da función, incluso desde páxinas fóra do Espazo Económico Europeo.

Esta web integra funcións de Google Inc, como Google Analytics e Google Maps. Ao utilizar esta web o usuario autoriza o tratamento dos seus datos por Google conforme ao establecido na súa política de privacidade: https://policies.google.com/privacy Veracidade dos datos

O usuario debe cubrir os formularios con datos verdadeiros, exactos, completos e actuais. O usuario non introducirá datos correspondentes a outra persoa; presumirase que os datos foron facilitados polo titular dos mesmos. O usuario será o único responsable de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidera ocasionar a calquera persoa como consecuencia da cumprimentación do formulario con datos relativos a outra persoa.

Dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición e outros

O titular dos datos ten en todo momento o dereito de acceder, rectificar e suprimir os datos que o concirnen, así como opoñerse ao tratamento dos seus datos, nos termos recollidos na lexislación de protección de datos. Tamén ten dereito a solicitar: a portabilidade dos seus datos, a revogación do consentimento prestado no seu caso e a limitación do tratamento.
O titular dos datos pode exercer estes dereitos mediante escrito dirixido por correo postal ao establecemento.
O solicitante debe incluír nesta comunicación unha solicitude asinada indicando a actuación que se solicita e fotocopia do DNI ou pasaporte.
O titular dos datos tamén pode opoñerse á recepción de e-mails comerciais; para iso abondará con que o solicite mediante un correo electrónico remitido desde o enderezo que desexa dar de baixa e dirixido ao establecemento.
O titular dos datos, se considera que o tratamento dos seus datos infrinxe a lexislación de protección de datos, pode presentar unha reclamación ante as autoridades de control de protección de datos.

Menores de idade

Prohíbese a utilización dos servizos web a persoas menores de 18 anos.

Seguridade dos datos

Esta web conta cunha das tecnoloxías máis seguras no que respecta á protección dos datos da súa tarxeta de crédito. Así mesmo, cumpre todas as normas internacionais que lexislan a materia. Todos os apartados nos que solicitamos información sensible utilizan o protocolo de comunicación SSL. Isto quere dicir que a información que viaxa a través de Internet desde o seu ordenador ata o noso servidor faino cifrada, facéndoa indescifrable a calquera persoa allea. Esta tecnoloxía asegura e garante que os seus datos non poderán ser interceptados, manipulados nin suplantados de ningunha maneira. Deste xeito, o pagamento a través de Internet é hoxe en día tan seguro como a compra directa.

Que significa SSL?

O SSL (Secure Socket Layer) é unha tecnoloxía estándar de seguridade en Internet. Aplica un sistema de encriptación (codificación) que proporciona a máxima confidencialidade dos datos que nos transmiten. Así impídese a entrada ilícita ou interceptación nun sistema mentres os datos circulan por Internet. Para maior seguridade, estes datos almacénanse nun servidor seguro protexido por un “firewall” en continua vixilancia.